Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.375

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do concello, en sesión do 22 de febreiro de 2001, aprobou definitivamente o estudio de detalle do solo urbanizable non programado número 9 (SUNP-9) de Belvís, promovido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co diposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 126, do día 4 de xuño de 2001, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo