Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.376

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (sec-2000000381).

Neste concello estase tramitando o proxecto de compensación do polígono C-22 dentro da área de reparto 22, por instancia de Antonio Barreira Alonso, que dá lugar ó expediente sec-2000000381/2000, e a través do procedemento de propietario único conforme o disposto nos artigos 133.1º da Lei do solo de Galicia e 157.3º do Regulamento de xestión

urbanística aprobado polo R.D. 3288/1978, do 25 de agosto.

En cumprimento do disposto no artigo 133.8º da Lei do solo de Galicia en relación co artigo 102.4º da mesma norma, acórdase o semetemento a información pública do citado proxecto de compensación durante un prazo de 20 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, prazo durante o cal o expediente poderá ser consultado na secretaría deste concello para que calquera persoa interesada poida presentar alegacións.

Verín, 18 de xuño de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde