Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 31 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución dictada sobre pensión non contributiva da Seguridade Social relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, reguladas polo Real

decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser devolta polo servicio de correos a resolución enviada no seu día, requírese a persoa citada no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación do presente edicto, compareza, persoalmente ou debidamente representada, na delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Vigo (Pontevedra), para ter coñecemento da devandita resolución, advertíndolle que, de non facelo así, terase por notificada cos efectos que correspondan.

Pontevedra, 31 de maio de 2001.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Apelidos e nome: López González, Clara.

DNI: 34.530.064.

Notificación: resolución de denegación.

Importe: 0 pesetas.