Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 159/2001 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle ás persoas que de seguido se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase seguidamente:

Nome: Concepción González Martínez.

DNI/NIF: 34.238.477.

Nº expediente: LU-E 159/2001.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Último domicilio: Chantada, 145-5º, Monforte de Lemos.

Multa máxima: ata 50.000 pesetas.

Nome: José M. Ansede Queija.

DNI/NIF: 33.328.659.

Nº expediente: LU-E 165/2001.

Precepto infrinxido: 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992.

Último domicilio: Plácido Peña, 77-2º, Vilalba.

Multa máxima: ata 5.000.000 de pesetas e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Nome: José Manuel García Adan.

DNI/NIF: 33.289.063.

Nº expediente: LU-E 171/2001.

Precepto infrinxido: 23 e) LO 1/1992.

Último domicilio: Estrada Coruña, 19, Lugo.

Multa máxima: ata 5.000.000 de pesetas e/ou clausura do establecemento polo período de ata 6 meses.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques, e secretario o xefe de Negociado Constantino Alvar Cabido, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 31 de maio de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo