Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.363

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 4 de xuño 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a Resolución do 10 de maio de 2001 dictada no expediente sancionador PO-93/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14-1-1999), notifícaselle á persoa que de seguido se relaciona a resolución da delegación provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número PO-93/2000, incoado ó titular do establecemento de bar denominado Pub Karaoke Antiguary, situado na avda. de Cambados, 8, de Vilagarcía de Arousa, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que o interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: PO-93/2000.

Sancionado: Metropoli Estrada, S.L.

Establecemento: Pub Karaoke Antiguary.

Domicilio: avda. de Cambados, 8.

Localidade: Vilagarcía de Arousa.

Resolución: 10 de maio de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 86.2) e 86.5) da Lei 9/1997.

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Pontevedra, 4 de xuño de 2001.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra