Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño 2001 sobre concesión do título licencia de axencia de viaxes do grupo retallista a Viaxes Pasatempos, S.L. sita na avenida Alcalde Portanet, número 5, de Vigo.

Examinado o expediente instruído por instancia de Fernando García Fontán, na súa calidade de representante legal de Viaxes Pasatempos, S.L., en

solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes Viaxes Pasatempos, S.L., do grupo retallista co XG-197, sita na avda. Alcalde Portanet, nº 5 de Vigo.

Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no artigo 5 e seguintes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.

Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establcementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Conceder título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista, co XG-197, a Viaxes Pasatempos, S.L., con casa central na avda. Alcalde Portanet nº 5 de Vigo, da que é titular Viaxes Pasatempos, S.L., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo