Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de servicios consistente no desenvolvemento dun sistema de información para a xestión dos plans de labores das actividades mineiras. (Expediente 4/2001 DXI).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 4/2001 DXI.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: desenvolvemento dun sistema de información que permita a preparación, transmisión, análise e tramitación dos plans de labores.

Prazo de execución: 12 meses desde o día da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.000.000 de pesetas (84.141,69 euros), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento do contrato (280.000 pesetas; 1.682,83 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económico-financeira de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE número 148, do 21 de xuño), pola que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP), mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.b) e c) do citado texto refundido, mediante unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados delas, ou ben mediante descrición do equipo técnico e unidades participantes no contrato, estean ou non integrados

directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

8. Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admite.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG número 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio