1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Industria e Comercio.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.
Número de expediente: 4/2001 SX.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: realización dun estudio e definición dun sistema de información integrado que recolla todas e cada unha das bases de datos particulares, rexistros especiais, rexistros de establecementos industriais de Galicia, sistemas de xestión de procedementos administrativos (SXPA), xestión orzamentaria e subvencións.
Prazo de execución: 3 meses desde o día da sinatura do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 12.000.000 de pesetas (72.121,45 euros), IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento do contrato (240.000 pesetas; 1.442,43 euros).
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano, s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Teléfono: 981 54 54 48.
Fax: 981 54 49 49.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económico-financeira, de conformidade co artigo 16.1º a) e c) do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE número 148, do 21 de xuño), pola que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP), mediante calquera dos seguintes medios: informe das institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.b) e c) do citado texto refundido, mediante calquera dos seguintes medios: unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados delas, ou ben mediante descrición do equipo técnico e unidades participantes no contrato,
estean ou non integrados directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.
8. Lugar de presentación.
Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 89 do TRLCAP.
Admisión de variantes (concurso): non se admite.
9. Apertura das ofertas.
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano, s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.
Hora: dez horas.
10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2001.
P.D. (Orde 13-10-1999, DOG número 207)
Jesús Vázquez San Luis
Secretario xeral da Consellería
de Industria e Comercio