1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de ordenadores e impresoras para a Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.
b) División por lotes e número: un lote.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Prazo de execución: o que se especifica no prego de prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: tres millóns de pesetas (3.000.000 de pesetas), 18.030,36 euros.
5. Garantías.
Provisional: sesenta mil pesetas (60.000 pesetas), 360,60 euros.
Definitiva: o 4 % do orzamento de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfono: 981 54 57 25.
e) Telefax: 981 54 57 35.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non é necesaria.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ós 15 día naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela).
d) Prazo duranteo cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Posibilidade de variantes.
Non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería, o décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2001.
P.D. (Orde 12-1-2001)
José Antonio Álvarez Vidal
Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria