Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.354

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (84/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña,

Fago saber que nos autos nº 84/2001, seguidos pola instancia de Ramón Rodobaldo Pijuán Averhoff contra Instalacións Galiza, S.L., sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou auto de aclaración, con data 7-6-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Dispoño: que debo aclarar e aclaro a sentencia dictada nas presentes actuacións no sentido de facer constar que o obxecto da reclamación é o despedimento, mantendo na súa integridade o resto dos pronunciamentos contidos nela.

Así, por este auto, acordouno e asínao María Antonia Rey Eibe, maxistrada xuíza do Social número un da Coruña».

E para que sirva de notificación a Instalacións Galiza, S.L., que tivo o seu último domicilio coñecido en Curros Enríquez, 29, 15002, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e con fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 7 de xuño de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado