Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.354

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (514/2000).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 514/2000 por instancia de María José Fraga Pardiñas contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a mutua La Fraternidad e a empresa Ediciones Rueda sobre prestacións, nos que recaeu sentencia en data 29-6-2001, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que desestimando a demanda de María José Fraga Pardiñas contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, mutua La Fraternidad e a empresa Ediciones Rueda, debo absolver e absolvo a parte demandada de tódolos pedimentos dela.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncia-lo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ediciones Rueda, expido e asino a presente cédula na Coruña o vintenove de maio de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado