Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.353

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (127/2001-V).

Por medio deste edicto faise saber que no procedemento ordinario nº 127/2001-V, seguido neste Xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos da Coruña, por instancia de María Nieves Dono Saavedra, representada polo procurador Gonzalo Lousa Gayoso e defendida polo letrado José Ángel Cobreiro Mosquera, contra aquela precedente Reso

lución do 23 de xaneiro de 2001, pola que o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais da Xunta de Galicia acordou desestimar aquel previo e precedente recurso de alzada promovido contra aquela previa Resolución do 4 de setembro de 2000, pola que a dita autoridade periférico-autonómica de carácter sanitario emitía informe favorable sobre o proxecto de construcción do cemiterio municipal sito en San Martiño de Dorneda-Oleiros (A Coruña), presentado pola súa correspondente autoridade municipal, dictouse resolución xudicial no día da data, na que se acorda a publicación deste edicto, polo que se lles fai saber a cantas persoas a prol das cales se puidese derivar algún dereito do acto administrativo impugnado e ás que tivesen interese directo no mantemento do recurso contencioso-administrativo antes citado, que poden comparecer nos autos, en legal forma, no prazo de nove (9) días desde a publicación deste edicto, na súa condición de codemandados, se conviñer ó seu dereito, baixo

apercibimento de que, de non compareceren, seguirá a tramitación do recurso na súa ausencia.

A Coruña, 7 de xuño de 2001.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario