Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 11 de xullo de 2001 Páx. 9.344

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Euroinversiones Last Teardrop, S.L. (Augas de Sousas) da provincia de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Euroinversiones Last Teardrop, S.L. (Augas de Sousa) da provincial de Ourense (código de convenio nº 3200022), con entrada nesta delegación provincial o día 4 de maio de 2001, subscrito con data do 2 de marzo de 2001, dunha parte por Jorge Canal Montes, en calidade de administrador da empresa, e doutra polo comité de empresa, en representación dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común;

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 16 de maio de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo da empresa Euroinversiones Last Teardrop, S.L. (Augas de Sousas)

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

As disposicións incluídas no presente convenio regularán na súa vixencia as relacións laborais que nel se establecen entre a empresa Euroinversiones Last Teardrop S.L., e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Estará afectado polo presente convenio todo o persoal da empresa agás as persoas que exerzan funcións de alta dirección e alto consello.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e denuncia.

A duración deste convenio será de 2 anos comezado ós seus efectos económicos o día 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2002. O convenio prorrogarase de ano en ano se non fose denunciado

por unha das partes, polo menos con dous meses de antelación ó termo da súa vixencia.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes do presente convenio serán compesadas e absorbidas, ata onde alcance o cómputo anual, con aqueloutras que se puidesen establecer por disposición legal ou que establecese a empresa, agás que expresamente se pacte o contrario .

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para resolve-las dúbidas que puidesen xurdir sobre aplicación do convenio, constitúese unha comisión mixta composta polos vocais que interviñeron na negociación e elaboración do convenio.

Artigo 6º.-Clasificación do persoal.

Durante a vixencia do presente convenio a clasificación do persoal de Euroinversiones Last Teardrop S.L. será a que figura na táboa de salarios para o ano 2001, respectándose tódalas categorías establecidas con anterioridade.

Para o cambio de categoría crearase unha comisión cualificadora, integrada polos membros da comisión paritaria do convenio.

Técnico de laboratorio: é o que, con título de facultativo oficial, realiza funcións de analista de control de calidade, con responsabilidade, dependendo directamente da dirección da empresa.

Laborante: é o productor que ten ó seu cargo un grupo de persoas que dirixe e orienta na execución dos traballos dun determinado servicio.

Peón: é o operario que executa labores para os que se require, predominantemente esforzo físico, sen necesidade de ningunha práctica operatoria. Esta categoría só se lle poderá aplicar ó persoal contratado por tempada para carga e descarga e non ó ingresado como fixo de cadro de persoal como operario de embotellamento.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada de traballo de 40 (corenta) horas semanais. O persoal de distribución e reparto, mentres que estea adscrito a estes traballos, poderá ser excluído da xornada normal sempre que de común acordo coa empresa se fixen compensacións económicas para as posibles variacións que poida te-la xornada, tendo en conta as características especiais que presenta a distribución e reparto.

Para os efectos de cómputo como xornada efectiva de traballo establécese que, no caso de realizarse xornada continua, os traballadores terán dereito a quince minutos de descanso, por conta da empresa ó longo de todo o ano.

Artigo 8º.-Vacacións.

Os traballadores terán dereito a 30 días naturais de vacacións. O salario que percibirán durante o período de vacacións será o real estipulado no presente convenio.

As vacacións serán concedidas deacordo coas necesidades do servicio, procurando comprace-lo persoal, se ben a empresa se reserva a facultade de concedelas fóra da época de campaña compren

dida entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, ámbalas dúas datas incluídas.

Non obstante o anterior, o persoal contido neste convenio terá dereito a fraciona-lo seu descanso vacacional en dous períodos, un de 22 días ininterrompidos e outro de 8 días, tendo sempre presentes as necesidades do servicio.

Artigo 9º.-Licencias e permisos.

O traballador, tralo aviso e xustificación, poderá ausentarse de traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e tempos seguintes:

a) Quince días naturais no caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento dun fillo ou enfermidade grave, falecemento ou hospitalización de parentes de ata segundo grao de consaguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó disposto en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento dun deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20% das horas laborais nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1, do artigo 46 da Lei do texto refundido do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador por cumprimento de deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o seu importe do salario ó que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións.

A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada de traballo normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ámbolos dous traballen.

Quen por razón de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, alomenos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Artigo 10º.-Retribución convida.

A retribución convida constará de:

-Salario base.

-Complementos salariais.

Artigo 11º.-Salario base.

O salairo base e os complementos salariais que rexerán desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2001, serán os que figuran no táboa de salarios do anexo I e que supón un incremento do 2,5% sobre o salario base e complementos salariais negociados pola Comisión Negociadora con data 3 de decembro de 1999, para o ano 2000.

Artigo 12º.-Revisión salarial.

Para o ano 2001, no suposto de que o incremento anual do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) o 31 de decembro de 2001, supere o 2,5% correspondente o incremento salarial para tódolos conceptos salariales para o ano 2001, se efectuará unha revisión económica sobre o exceso producido, para efectos de que sirva de base para as táboas salariais na negociación colectiva do ano seguinte.

A dita revisión salarial realizarase sobre tódolos conceptos económicos sobre os que se aplicasen os incrementos salariais do ano 2001, e farase con efectos desde o 1 de xaneiro de 2001, consolidando a contía para efectos dos sucesivos incrementos e actualizacións das táboas salariais.

O dereito á dita revisión salarial alcanzará a tódolos traballadores afectados por este convenio durante o ano 2001. A cantidade resultante, correspondente ó ano completo, aboarase nunha soa paga durante o primeiro trimestre do ano.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Establécese un complemento de antigüidade consistente en trienios do 4% sobre o salario base.

Artigo 14º.-Complemento de carencia de incentivos.

Establécese o dereito á percepción dunha gratificación de carencia de incentivos como prima de productividade e asistencia.

A contía da gratificación é a que se establece por día de traballo efectivo na táboa de salarios do anexo I.

O dereito á percepción da gratificación perderase total ou parcialmente polas seguintes causas:

a) O 25% da gratificación correspondente ó salario dun día, por falta de puntualidade de ata cinco minutos. A reincidencia deste tipo de falta agravarase co 50%.

b) O 75 % da gratificación correspondente ó salario dun día, por falta de puntualidade superior a cinco minutos e ata media hora.

c) O 100 % por máis de media hora sen chegar ó día completo.

d) O correspondente a tres días por falta de asistencia.

e) O correspondente a 15 días pola imposición dunha sanción de carácter moi grave.

f) O abandono do traballo antes da hora sinalada, a non incorporación á hora xusta e as interrupcións inxustificadas consideraranse como faltas de puntualidade para estes efectos.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias que serán aboadas unha en xullo, outra en decembro e outra no primeiro trimestre de ano. Estas seran aboadas por anos vencidos ou rateadas en proporción ó tempo traballado durante o ano, aboándose a razón dunha mensualidade do salario real.

Artigo 16º.-Xubilación.

Ó cesa-lo traballador na empresa por xubilación concederáselle unha indemnización de salario base máis antigüidade, en proporción ós seus anos de servicio na empresa, conforme a seguinte escala:

-5 anos: 2 mensualidades.

-10 anos: 3 mensualidades.

-15 anos: 4 mensualidades.

-20 anos: 5 mensualidades.

-25 anos: 6 mensualidades.

-De 30 anos en adiante: unha anualidade.

Artigo 17º.-Gratificación de vixilancia e garda xuramentado.

En concepto de perigosidade establécese unha gratificación para os que exerzan as anteditas funcións, consistente nun incremento do 10% no salario base.

Artigo 18.-Auxiliares administrativos.

Os auxiliares administrativos, ós seis anos de exerce-las devanditas funcións na empresa, deberán ascender á categoría de oficiais administrativos.

Artigo 19º.-Seguro de vida, accidentes e invalidez permanente.

A empresa estará obrigada a contratar un seguro a favor todo o persoal afectado polo presente convenio que cubra as seguintes continxencias e coas indemnizacións establecidas aseguradas, compatibles con outras da Seguridade Social ou mutualidades:

-Morte por calquera causa: 2.500.000 pesetas.

-Invalidez permanente total: 2.500.000 pesetas.

-Invalidez absoluta ou gran invalidez: 2.500.000 pesetas.

O beneficiario nos casos de invalidez será o traballador; no caso de morte, será o cónxuxe ou se é o caso, os dereitos habentes do traballador asegurado.

Artigo 20º.-Gratificacións por matrimonio.

Tódolos traballadores con antigüidade de alomenos tres anos na empresa terán dereito, cando casen, a unha gratificación dun mes de salario máis antigüidade.

Artigo 21º.-Incapacidade temporal.

Cando un traballador se atope en incapacidade temporal como consecuencia dun accidente de traballo percibirá o 100% do salario que viña percibindo a partir do día seguinte ó de se produci-lo antedito accidente.

Cando un traballador se atope en incapacidade temporal como consecuencia dun accidente non laboral, enfermidade común ou enfermidade profesional percibirá o 100 % do salario que viña percibindo a partir da segunda semana consecutiva que se atope na dita situación.

Cláusula adicional

A comisión negociadora do convenio reunirase nos dous primeiros meses do ano 2002, para fixa-las táboas salariais definitivas para o ano 2001, e negocia-las táboas salariais do 2002, tendo en conta a actualización das táboas salariais conforme se indica no artigo 12º do presente convenio.

Cláusula derradeira

O presente convenio é asinado por Jorge Canal Montes, en calidad de administrador da empresa Euroinversiones Last Teardrop S.L. e polos representantes dos traballadores no seo da empresa, Mª Cristina Varela Sabas, Mª del Carmen López Martínez, José Luis Aguirre García, José Antonio Souto Núñez y José Lino Rodriguez Souto, pertencentes a central sindical Unión Xeral de Traballadores (UGT), ámbalas dúas partes con capacidade legal suficiente segundo o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

ANEXO I

Táboas salariais-2001

Categoría profesionalSalario baseP.C. Incentivo

Persoal técnico

Licenciados. T. Superior154.020 pesetas

Técnicos titulados131.182 pesetas

Peritos e asimilados131.182 pesetas

Non titulados

Encargado xeral131.182 pesetas

Encargado de sección122.475 pesetas

Perosal administrativo

Xefe de 1ª88.985 pesetas2.006 pesetas

Xefe de 2ª88.985 pesetas2.006 pesetas

Oficial de 1ª88.985 pesetas1.501 pesetas

Oficial de 2ª88.985 pesetas1.330 pesetas

Auxiliar88.985 pesetas918 pesetas

Persoal comercial

Xefe de vendas131.182 pesetas

Inspector de vendas88.985 pesetas1.501 pesetas

Persoal obreiro

Capataz3.072 pesetas1.501 pesetas

Operario embotellador3.072 pesetas1.327 pesetas

Aprendiz3.072 pesetas

Oficios varios

Oficial de 1ª3.072 pesetas1.501 pesetas

Conductor repartidor3.072 pesetas1.501 pesetas

Oficial de 2ª3.059 pesetas1.331 pesetas

Oficial de 3ª3.059 pesetas1.331 pesetas

Axud. conductor. labor.3.144 pesetas918 pesetas

Per. dubalterno

Peón, almaceneiro, ord.2.687 pesetas930 pesetas

Cobrador, vixilante, por.2.687 pesetas930 pesetas

Conxerxe, telefonista2.687 pesetas930 pesetas

Xardiñeiro, limpadora2.687 pesetas930 pesetas