Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas, na sesión que tivo lugar o pasado día 27-6-2001, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle-08 zona comprendida entre r/ Paramos-r/ Rafael Tilve Adrio e acceso a PO-410, promovido por Viviendas Caselas, S.L., polo que se dá cumprimento ó estipulado no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Así mesmo, este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios qeu sexan descoñecidos, dos que se

ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Salceda de Caselas, 28 de xuño de 2001.

José M. Fernández Rodríguez

Alcalde