Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 30 de abril de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle das parcelas de uso terciario (C-01, C-02, C-03) do polígono A do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) en San Lázaro, promovido por Promociones Oroso, S.L.

O ámbito obxecto de ordenación sitúase na confluencia das rúas de Miguel Ferro Caaveiro (ó leste), fronte ó hotel Puerta del Camino, e Fernando Casas Novoa ó sur, fronte ó Estadio Multiusos de San Lárazo.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo