Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (19/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 7 de xuño de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Estima-la alegación presentada por Francisco Pérez Saa, en representación de José Figueiras González e Dino Alonso Doval, no sentido de declarar como litixioso o predio achegado con referencia

catastral 2695050, desestimando integramente o escrito do 13 de marzo de 2001. Todo iso baseado no informe do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística do 6 de xuño de 2001, que se trasladará ós interesados para os efectos de motivación.

2. Aprobar definitivamente, por pedimento de Promociones y Construcciones Cotoriño, S.L., en representación da comisión xestora da zona 9 B do SU-32 do PXOU de Ourense, os estatutos e bases de actuación para a xunta de compensación do dito ámbito, que se vai constituír para a xestión urbanística do dito polígono E.

3. Aprobar definitivamente, por pedimento de Promociones y Construcciones Cotoriño, S.L. en representación da comisión xestora da zona 9 B do SU-32 do PXOU de Ourense, o proxecto de compensación do dito ámbito de xestión urbanística.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 14 de xuño de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Nomear a Ricardo Campo Labrador, concelleiro delegado de Urbanismo deste concello, como representante do concello na xunta de compensación da zona 9 B do SU-32 do PXOU de Ourense.

2. Requeri-la comisión xestora para que proceda a constituí-la xunta de compensación dentro do prazo previsto no artigo 133.5º da Lei de Galicia 1/1997.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 22 de xuño de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente