Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con procedemento aberto, da obra de clave OH.215.508.

a) Obra.

1. Abastecemento de auga a San Salvador (Santa Comba-A Coruña).

Clave: OH.215.508.

Orzamento: dezaseis millóns noventa e tres mil setecentas vinteúnha pesetas (16.093.721 pesetas, equivalente a 96.725,211 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e a súa solvencia técnica mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría b, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica.

Fianza provisional: trescentas vinteunha mil oitocentas setenta e catro (321.874 pesetas, equivalente a 1.934,502 euros).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, praza Camilo Díaz Valiño, s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://-

www.xunta.es/contratacion.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día cinco (5) de setembro de 2001.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día dezanove (19) de setembro de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 1.2.6. Constitución e funcionamento da mesa do prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2001.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia