Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da obra de clave OH.332.413 e dúas máis.

a) Obra.

1. Rede de sumidoiros en Bozqueimado e outros. (Chandrexa de Queixa-Ourense).

Clave: OH.332.413.

Orzamento: trinta millóns oitocentas mil pesetas (30.800.000 pesetas, equivalente a 185.111,83 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Saneamento e abastecemento na Torre de Rouzós, Cima de Vila, O Reguengo, As Quintás e Afonsín. (Amoeiro-Ourense).

Clave: OH.532.369.

Orzamento: setenta e dous millóns de pesetas (72.000.000 de pesetas, equivalente a 432.728,71 euros).

Prazo de execución: 33 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Abastecemento e saneamento en Piñor. (Piñor-Ourense).

Clave: OH.532.393.

Orzamento: corenta e nove millóns seiscentas setenta e seis mil setecentas oitenta e catro pesetas (49.676.784 pesetas, equivalente a 298.563,48 euros).

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obter o prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento da licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do cinco (5) de setembro de 2001.

f) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante para cada unha das obras indicadas na letra a) do presente anuncio, de acordo co indicado no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 2.1.1. do dito prego).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día dezanove (19) de setembro de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2001.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia