Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, con procedemento aberto, da asistencia técnica de clave OH.088.169/AT.

a) Asistencia técnica.

Asistencia técnica para a actualización do plan de saneamento de Galicia e realización do inventario de infraestructuras de abastecemento.

Clave: OH.088.169/AT.

Orzamento: trinta millóns seiscentas once mil novecentas noventa e tres pesetas (30.611.993 pesetas, equivalente a 183.981,783 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño), e a súa solvencia técnica ou profesional mediante os documentos citados no artigo 19, letras a) e b), da mesma lei.

De posuí-lo licitador a clasificación do grupo I, subgrupo 1, categoría A, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica ou profesional.

Fianza provisional: seiscentas doce mil duascentas corenta pesetas (612.240 pesetas, equivalente a 3.679,637 euros).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, praza Camilo Díaz Valiño s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día cinco (5) de setembro de 2001.

f) Admisión de variantes.

Os licitadores poden presentar, se o consideran conveniente, unha variante ou alternativa de acordo co indicado no prego de prescricións técnicas (punto 8 de dito prego).

g) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día dezanove (19) de setembro de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia