Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 22 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a Resolución do 30 de marzo de 2001 dictada no expediente sancionador PO-135/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que de seguido se relaciona a resolución da delegación provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número PO-135/2000, incoado ó titular do establecemento de bar denominado Pub La Gruta, situado na rúa San Telmo, de Tui, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen

prexuízo de que o interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: PO-135/2000.

Sancionado: José Pompeyo Gándara Castiñeira.

Establecemento: Pub La Gruta.

Domicilio: rúa San Telmo.

Localidade: Tui.

Resolución: 30 de marzo de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 86.2º e 86.5º da Lei 9/1997.

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Pontevedra, 22 de maio de 2001.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra