Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/188-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. derivación Barro-Casas Baratas-avda. Generalísimo.

Situación: Tomiño.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 80 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 169 da L.M.T. ó C.T. de Barro, rematando no C.T. existente de Barro. L.M.T., aérea, a 20 kV, de 112 m de lonxitude, desde o apoio 14 da L.M.T. entre os CC.TT. existentes de Barro e Rexidouro ata o inicio da liña subterránea. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 420 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o final da L.M.T. aérea anterior, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta denominado Casas Baratas, na avda. do Xeneralísimo, continuando ata enlazar coa L.M.T. existente ó C.T. Calvo Sotelo. C.T. de 250 kVA, R.T. 20 kV-380-220 V. R.B.T., aerosubterránea, con conductores R.Z. de R.V., de 60 m de lonxitude o tramo aéreo e 55 m o subterráneo, partindo ambas do C.T. que se proxecta. Concello de Tomiño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 24 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra