Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 23 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a Resolución do 10 de maio de 2001 dictada no expediente sancionador PO-129/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que de seguido se relaciona a resolución da delegación provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número PO-129/2000, incoado ó titular do establecemento de bar denominado Bar El Punto, situado na rúa Marqués del Quintanar, de Baiona, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que o interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta

restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: PO-129/2000.

Sancionada: María Antonia Rodríguez Antúnez.

Establecemento: Bar El Punto.

Domicilio: rúa Marqués del Quintanar.

Localidade: Baiona.

Resolución: 10 de maio de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 86.2º e 86.5º da Lei 9/1997.

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Pontevedra, 23 de maio de 2001.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra