Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 30 de maio de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02199-S-2000).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 0182.5947.14.02000002630, do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 30 de maio de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: PO-02199-S-2000.

Matrícula: M-1729-JL.

Denunciante: Servicio Fiscal Patrulla de Portos e Costas de Marín.

Denunciado: Juan José Bernardo Díaz.

Último enderezo coñecido: Mantelas, 4, 360 Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: circular transportando diversa clase de mercadorías para o supermercado Moldes, carecendo de tarxeta de transportes. Servicio público.

Data; hora; estrada; pk: 10-8-2000; 11.40; N-550; 130.

Precepto infrinxido: artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do Real decreto 1211/1990.

Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990.

Sanción imposta: 50.000.