Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. estrada Poio-Campañó.
Situación: Poio.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 249 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T.S. existente entre os CC.TT. Caeira Casino e Boa Vista 3, ata a L.M.T. existente ó C.T. rúa Valiña, no Concello de Poio.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte
ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 16 de maio de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra