Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.
Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.
No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 0182.5947.14.0200002630, do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.
Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 30 de maio de 2001.
Carlos González Rodríguez
Subdirector xeral de Inspección de Transportes
ANEXO
Expediente: DX-00431-I-2000.
Matrícula: contratar.
Denunciante: LE9OR0033289433.
Denunciado: Galisercon, S.L.
Último enderezo coñecido: Besomaño, s/n, 360 Ribadumia (Pontevedra).
Feito denunciado: contratar un transporte de mercadorías (terra) co vehículo PO-3754-BP, cun peso total en báscula de 32.750 kg, tendo o vehículo un PMA de 26.000 kg, o que supón un exceso de 6.750 kg, que representan pola súa vez un exceso do 25% sobre o peso máximo autorizado do vehículo.
Data; hora; estrada; pk: 23-11-2000; 16.27; N-558; 4.
Precepto infrinxido: artigo 140 c) da Lei 16/1987.
Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990.
Sanción imposta: 200.000.