Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 10 de xullo de 2001 Páx. 9.284

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de xuño de 2001 pola que se publica a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de vicesecretaría da Deputación Provincial de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 28 do Real decreto 1732/1904, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, e no exercicio da competencia atribuída polo artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria efectuada polo presidente da Deputación Provincial de Ourense, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de vicesecretario/a da dita corporación e que se inclúe como anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Posto: vicesecretario/a.

Corporación: Deputación provincial de Ourense.

BASES:

Primera.-Obxecto.

Estas bases teñen por obxecto rexe-la convocatoria que efectuará a Presidencia, para cubrir, polo sistema previsto no artigo 99.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, segundo a redacción dada pola Lei 10/1993 (BOE do 22 de abril), o seguinte posto reservado a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Denominación: vicesecretario.

Clase: primeira.

Segunda.-Características do posto.

a) A praza a cubrir está incluída na relación de postos de traballo aprobada pola Corporación e publicada no BOP do 2 de novembro de 2000 e no Diario Oficial de Galicia do 29 de xaneiro de 2001.

b) O complemento de destino asignado á praza é o correspondente ó nivel 30 e o seu sistema de provisión o de libre designación.

c) O complemento específico anual fixado para este posto é o de 3.664.388 pesetas.

Terceira.-Requisitos.

a) Será requisito indispensable para concorrer á convocatoria e poder desempeña-lo posto, no caso de ser nomeado, estar integrado na subescala de secretaría, categoría superior.

b) Isto non obstante, en atención ó prescrito pola disposición transitoria primeira, núm.2.a) do R.D. 1174/1987, do 18 de setembro, sobre réxime xurídico dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional, tamén poderán concorrer ó posto de vicesecretario, os secretarios de administración local de primeira non integrados na habilitación nacional.

Cuarta.-Convocatoria.

A convocatoria será remitida pola Presidencia ó órgano competente da Xunta de Galicia, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e remisión á Dirección xeral da función pública do MAP, para a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o artigo 28 do Real decreto 1732/1994.

Quinta.-Solicitudes.

a) As solicitudes dirixiránselle á Presidencia, dentro dos 15 días naturais seguintes ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

b) Ademais do contido mínimo previsto no artigo 70.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na solicitude deberá indicarse o número de rexistro persoal, a situación administrativa na que se atope o solicitante e o seu destino.

c) Xunto coas solicitudes, os aspirantes achegarán o seu currículum vitae, no que constarán os títulos académicos, os anos de servicio, os postos de traballo desempeñados na Administración, os estudios e cursos realizados, outros méritos que estime oportuno poñer de manifesto e a súa acreditación documental.

d) Acheraganse, así mesmo, xustificantes documentais dos títulos ou diplomas que os aspirantes posúan, se é o caso, relativos ó coñecemento da lingua galega.

Sexta.-Nomeamento.

a) Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Presidencia procederá, trala constatación previa da concorrencia dos requisitos esixidos nestas bases, a dicta-la resolución correspondente, na forma e cos requisitos previstos no artigo 28.3º do Real decreto 1732/1994.

b) Da resolución daráselle conta ó Pleno da Corporación e trasladaráselle ó órgano competente da Xunta de Galicia e á Dirección xeral da función pública do MAP para os efectos oportunos.

Sétima.-Toma de posesión.

Os prazos para a toma de posesión serán os mesmos que os establecidos para os funcionarios con habilitación nacional nomeados en virtude do procedemento de concurso.

Oitava.-Impugnación.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos deriven dela poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei de procedemento administrativo común.