Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.209

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001 pola que se convocan cursos de portugués.

Dentro do programa de actividades de formación da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2001, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases xerais e específicas:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación que, como modelo oficial, se recollen nos anexos II e III desta resolución, respectivamente.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

3. O prazo de presentación de instancias terminará o día 1 de agosto de 2001.

4. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da Escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, Polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. A selección para os cursos básicos realizarase de acordo co previsto con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto), tendo en conta a relación do posto de traballo co contido do curso e as cotas de reserva para cada Administración.

2. Na selección para os cursos de nivel I terán preferencia os alumnos que obtiveron o certificado de asistencia no curso básico realizado o ano pasado. As prazas sobrantes cubriranse en función do resultado dunha proba de nivel que deberán realiza-lo resto dos candidatos o día 3 de setembro ás 17.30 h no lugar que determine a Escola. Dentro do nivel

adecuado darase preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso.

3. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos. Para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, a EGAP poderá fixa-la realización das probas ou a presentación dos traballos que considere oportuno.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitar copia da certificación recibida ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de seleccionados sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente. O mesmo poderá suceder se durante a realización do curso se constata unha inasistencia inferior a esa cifra.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2001.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso básico de portugués (3 edicións).

1. Obxectivos.

Comprende-la información global e específica das menxases orais e escritas da lingua portuguesa relativas ás diversas situacións habituais da comunicación, emitidas directamente por falantes ou polos medios de comunicación.

Producir mensaxes orais e escritas no portugués, utilizando recursos lingüísticos e non lingüísticos, nas diversas situacións habituais da comunicación para conseguir que esta sexa fluída e satisfactoria.

2. Destinatarios.

Persoal de administración da Xunta de Galicia, da Administración local, da Universidade, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 60 horas.

3.2. Lugar: EGAP, Vigo e Ourense.

3.3. Datas: do 3 de setembro ó 12 de decembro.

3.4. Horarios: luns e mércores de 17 h a 19 h en Santiago de Compostela e Vigo. De 18.30 a 20.30 h en Ourense.

3.5. Prazas: 20, das que 11 serán para a Administración autonómica, 4 para local, 2 para universitaria, 1 para a do Parlamento, 1 para o Consello de Contas e 1 para o Valedor do Pobo.

4. Contido básico.

-Comunicación oral.

-Comunicación escrita.

-Actitudes.

Curso de portugués, nivel I (3 edicións).

1. Obxectivos.

Comprende-la información global e específica das menxases orais e escritas da lingua portuguesa relativas ás diversas situacións habituais da comunicación, emitidas directamente por falantes ou polos medios de comunicación.

Producir mensaxes orais e escritas no portugués, utilizando recursos lingüísticos e non lingüísticos, nas diversas situacións habituais da comunicación para conseguir que esta sexa fluída e satisfactoria.

2. Destinatarios.

Persoal de administración da Xunta de Galicia, da Administración local, da Universidade, do Parlamento, do Consello de Contas e do Valedor do Pobo. Terán preferencia os alumnos que obtiveron o certificado de asistencia no curso básico realizado o ano pasado. As prazas sobrantes cubriranse en función do resultado dunha proba de nivel que deberán realiza-lo resto dos candidatos o día 3 de setembro ás 17.30 h no lugar que determine a Escola. Dentro do nivel adecuado darase preferencia ós candidatos que acrediten a relación do posto de traballo co contido do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 60 horas.

3.2. Lugar: EGAP, Vigo e Lugo.

3.3. Datas: do 3 de setembro ó 12 de decembro.

3.4. Horarios: luns e mércores de 19 h a 21 h en Santiago de Compostela e Vigo. De 17 a 19 h en Lugo.

3.5. Prazas: 20.

4. Contido básico.

-Comunicación oral.

-Comunicación escrita.

-Actitudes.

ANEXO III

D/Dª... secretario xeral/delegado provincial/responsable dos servicios de persoal na Consellería/Delegación Provincial de...

Certifico:

Que Don/Dona ... , no desempeño do seu posto de traballo de ... realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso...

... , ... de... de 2001.

Asdo.:...

(1) Especifique a denominación do curso solicitado.