Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.207

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 26 de xuño de 2001 pola que se acorda inicia-lo expediente para declarar como solo contaminado os terreos afectados do polígono de Torneiros, no concello do Porriño (Pontevedra) (fase II).

A Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, establece que, para seus efectos, se entenderá por: «Solo contaminado: todo aquel no que as características físicas, químicas ou biolóxicas foron alteradas negativamente pola presencia de compoñentes de carácter perigoso de orixe humana, en concentración tal que comporte un risco para a saúde humana ou o ambiente, de acordo cos criterios e estándares que determine o Goberno» (artigo 3 p)), e preceptúa que: «As comunidades autónomas declararán, delimitarán e farán un inventario dos solos contaminados debido á presencia de compoñentes de carácter perigoso de orixe humana, avaliando os riscos para a saúde humana ou o ambiente, de acordo cos criterios e estándares que, en función da natureza dos solos e dos usos, determine o Goberno logo de consulta ás comunidades autónomas» (artigo 27.1º, parágrafo 1).

Así pois, ante o feito de que un solo está contaminado corresponde á Comunidade Autónoma na que se encontre, declaralo como tal mediante o pertinente acto administrativo en virtude do que nace xuridicamente a condición deste como contaminado, xa que a lei non atribúe esta condición a todo aquel que estea contaminado senón que establece que só terán esta consideración os que fosen declarados, delimitados e inventariados como tales polas comunidades autónomas e, consecuentemente, tamén establece que estas declararán igualmente que un solo deixou de estar contaminado (artigo 27.1º, parágrafo 3).

O deber xeral de conserva-lo ambiente e o concreto mandado dirixido ós poderes públicos de defendelo e restauralo, recollidos no artigo 45 da Constitución, xunto co carácter imperativo da dicción legal transcrita (...declararán...) obrigan ás comunidades autónomas a declarar como contaminados todos aqueles solos situados nos seus respectivos territorios nos que se constate que as súas características físicas, químicas ou biolóxicas foron alteradas negativamente pola presencia de compoñentes de carácter perigoso de orixe humana, en concentración tal que comporte un risco para a saúde humana ou o ambiente, e a que se sexan realizadas as actuacións necesarias para proceder á súa limpeza e recuperación, na forma e prazos en que determinen as respectivas comunidades autónomas, polas persoas ou entidades obrigadas á devandita realización, logo de requirimento delas (artigo 27.2º, parágrafo 2); estas actuacións poderán levarse a cabo mediante acordos voluntarios (artigo 28).

Desta regulación da Lei básica de residuos resulta que as declaracións de «solo contaminado» son o presuposto xurídico da obriga de realiza-las operacións de limpeza e recuperación, xa que esta obriga, que a lei impón ós causantes da contaminación e subsidiariamente, por esta orde, ós seus posuidores e ós propietarios non posuidores, é consecuencia da declaración dun solo como contaminado («A declaración dun solo como contaminado obrigará...» e «As actuacións para proceder á limpeza e recuperación dos solos declarados como contaminados poderán levarse a cabo mediante acordos voluntarios») e esixe o «requirimento previo das comunidades autónomas».

Decaído o anterior procedemento iniciado en virtude da Orde do 3 de xullo de 2000 (DOG nº 136, do 13 de xullo) por transcurso do prazo legalmente establecido para a súa resolución, declarouse a súa caducidade por Orde do 29 maio de 2001 (DOG nº 111, do 8 de xuño de 2001), e á vista da investigación de detalle realizada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental dirixida a avalia-la contaminación existente nos terreos do polígono de Torneiros, no concello do Porriño (Pontevedra) (fase II), e dado que dos resultados desta investigación, realizada no marco das actuacións que leva a cabo esta consellería en relación cos solos situados no devandito polígono, se determinaron niveis de concentración de HCH, considerados como de risco de contaminación e que superan o límite establecido no Decreto 263/1999, do 30 de setembro, polo que se fixa a concentración límite en solos afectados por verteduras de residuos de HCH, resulta ineludible inicia-lo expediente por se procede

declara-los solos a que se refire esta fase como contaminados, sen prexuízo de que posteriormente e por imperativo legal se deba proceder, se é o caso, á determinación dos responsables da contaminación e a realiza-las actuacións necesarias para a súa limpeza e recuperación.

En virtude da competencia atribuída á Comunidade Autónoma en materia de declaración de solos contaminados pola Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, así como das competencias outorgadas ó conselleiro de Medio Ambiente polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta

e do seu presidente, en relación co Decreto 482/1997, do 26 de decembro,

ACORDO:

Primeiro.-Inicia-lo procedemento para declarar como solo contaminado os terreos afectados do polígono de Torneiros, no Concello do Porriño (Pontevedra) (fase II), delimitados no plano que figura como anexo desta orde.

Segundo.-Abrir un período de información pública por un prazo de vinte días para que calquera persoa física ou xurídica poida formula-las alegacións que considere oportunas, sen prexuízo de que a comparecencia neste trámite non outorga por si mesma

a condición de interesado, de acordo co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para estes efectos poderase consulta-la documentación en horario de oficina e durante o prazo sinalado nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en Santiago de Compostela e na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

Coordenadas UTM dos límites da zona potencialmente contaminada por HCH como resultado da investigación en Torneiros. Fase II

ÍndiceXYÍndiceXY

1530454,924667464,4251530568,034667253,59

2530451,344667353,9852530559,364667246,57

3530457,124667328,5853530549,624667362,56

4530422,704667441,0954530514,064667367,82

5530367,934667448,4055530510,954667374,90

6530397,514667408,3056530468,074667319,11

7530384,614667421,3257530537,414667338,74

8530377,664667432,2758530522,434667309,84

9530444,874667410,8459530535,964667365,31

10530410,844667408,2560530472,344667412,28

11530410,414667398,4461530458,194667408,43

12530446,354667377,9462530489,944667414,10

13530445,984667396,3263530526,734667407,73

14530417,964667417,6364530515,284667390,90

15530353,404667547,9465530521,314667423,32

ÍndiceXYÍndiceXY

16530361,194667520,4966530506,054667417,56

17530354,974667533,8767530532,234667422,54

18530354,024667497,7768530570,234667321,27

19530337,624667499,4869530564,404667320,18

20530312,834667573,2370530578,374667313,84

21530309,554667542,6471530584,284667304,07

22530292,744667556,4572530634,874667429,09

23530290,814667563,9173530687,024667435,46

24530346,464667559,6774530684,094667410,03

25530323,224667525,7075530658,614667400,40

26530329,274667576,2376530682,904667392,44

27530370,514667515,6877530673,064667385,82

28530409,604667480,3278530678,174667387,76

29530377,414667478,1179530645,484667535,57

30530367,614667463,7180530553,294667497,99

31530367,594667474,6381530549,724667472,57

32530385,374667503,1982530476,924667483,88

33530388,714667494,3183530476,464667469,36

34530433,724667462,9584530473,054667497,24

35530447,534667493,0385530556,534667519,16

36530630,224667441,6686530599,734667452,72

37530619,704667445,1887530571,564667462,35

38530647,374667415,6988530556,634667453,76

39530608,514667296,8489530564,574667561,37

40530486,754667299,4790530557,374667532,37

41530558,764667300,6591530586,764667551,46

42530547,404667290,9692530624,764667537,56

43530548,814667240,7993530611,414667536,05

44530504,344667285,6694530681,454667519,65

45530539,414667259,6095530691,924667507,50

46530537,084667250,2696530691,854667491,02

47530513,024667291,7597530691,074667478,54

48530532,134667282,7298530694,544667464,00

49530532,014667271,0199530687,824667452,65

50530583,304667260,91100530663,434667526,79