Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de xuño de 2001 pola que se conceden subvencións a escolas de música públicas.

Por Orde do 28 de febreiro de 2001 (DOG do 21 de marzo), publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música públicas.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concedérlle-las subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música públicas que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestima-las solicitudes presentadas polas escolas de música públicas que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, Subdirección Xeral de Centros, Servicio de Xestión de Programas Educativos, antes do 15 de outubro de 2001, a xustificación completa dos gastos realizados.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14).

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Escola de músicaContía da axuda

concedida (pesetas)

Arzúa1.221.284

Capela, A401.200

Carnota1.256.583

Cee2.246.198

Coruña, A6.000.000

Oleiros -A Fábrica-2.271.956

Ortigueira1.265.623

Porto do Son1.599.044

Burela1.397.936

Chantada1.817.124

Foz1.233.509

Guitiriz938.713

Mondoñedo1.488.498

Monforte de Lemos1.777.436

Paradela -O Barrido-909.772

Quiroga763.293

Ribadeo2.272.729

Ribas de Sil758.540

Sober1.955.457

Allariz1.477.683

Bande921.741

Barbadás1.576.572

Carballiño, O1.262.865

Maceda856.059

Ourense2.570.219

Pobra de Trives, A897.107

Ribadavia1.070.447

Agolada721.062

Caldas de Reis1.560.493

Cambados806.280

Cangas2.097.861

Estrada, A1.328.728

Marín -Maestro Landín Pazos-1.049.625

Neves, As1.259.184

Porriño, O1.341.802

Redondela1.225.861

Valga2.205.613

Vila de Cruces -Artística de Merza-1.600.886

Vilagarcía de Arousa -Bernardo del Río Parada-2.595.017

ANEXO II

Escola de músicaCausa da denegación

OrdesNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo segundo da orde de convocatoria)

Rúa de Valdeorras, ANon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo segundo da orde de convocatoria)

SilledaA solicitude foi presentada fóra de prazo