Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.189

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xuño de 2001 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Por orde de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 12 de marzo de 2001 convocáronse axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo noveno da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.481.0 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, as axudas que se relacionan no anexo I.

Segundo.-De acordo co artigo décimo primeiro, as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, despois da aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez finalizada a actividade e despois da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, achegando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións parala mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade, o pagamento realizarase integramente unha vez finalizada e xustificada a actividade.

Terceiro.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir do da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non acepta esta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requerida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

Unha vez efectuada a viaxe, o centro docente, como entidad colaboradora da xestión de axudas públicas, deberá, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, tramita-la seguinte documentación no prazo máximo dun mes:

A. Certificación do consello escolar do centro aprobatoria das contas, xuntando unha relación dos gastos efectuados.

B. Xustificación da totalidade do custo da viaxe de acordo cos datos indicados no orzamento inicial. O importe da subvención nunca poderá superar illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza. No caso de que o custo final sexa inferior ó inicialmente previsto, deberase diminuír-la axuda concedida en proporción á axuda xustificada.

C. Memoria do traballo realizado durante a estadía no país de acollida, que deberá ser presentada un mes despois do remate da actividade. A memoria irá xunto cun certificado do director do centro no que se faga consta-lo nome, o número do DNI do profesorado e alumnos participantes nas estadías, e incluirá os seguintes datos:

C.1. Visitas preparatorias. Obxectivos levados a cabo de cara á realización do proxecto, incluíndo un breve resumo deste: descrición, datas de realización, etc.

C.2. Estadías de alumnos. Programación e avaliación das actividades realizadas na estadía, con descricións de procesos productivos, tecnoloxías utilizadas, posibilidades de realización doutras estadías e aspectos positivos e negativos que hai que considerar.

C.3. Estadía de profesores. Memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar, entre outros, e como mínimo, os seguintes aspectos:

* Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan, diferenciados segundo os niveis de cualificación.

* Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

* Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo. (Valoración das súas necesidades ou conveniencia de incorporalas).

* Cambios que se prevexan no sistema productivo (evolución da competencia profesional).

* Programa de formación en centros de traballo que se poderían realizar nesta empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

* Posible formación do profesorado que podería desenvolve-la empresa ou traballadores para colaborar no Plan de formación do profesorado de formación profesional específica.

* Valoración de estadías de formación, aspectos positivos e aspectos que deben mellorar.

Os proxectos e traballos realizados polos centros seleccionados quedarán en poder da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, quen reserva para si o dereito de difundi-los traballos realizados en función da súa orixinalidade, e pasará a formar parte dos fondos documentais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda, para a mesma finalidade, procedente de calquera outra Administración ou ente público.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Proxectos aprobados no primeiro prazo de presentación de solicitudes

Tipo acciónCentro escolarProfesor 1Nº prof.Nº alum.Axuda conce.SemanasPaís destino

Visita preparatoriaPaseo das PontesSantiago Rodilla Labrador1150.0001Finlandia

Estadía de alumnosPaseo das PontesSantiago Rodilla Labrador02360.0004Finlandia

Estadía de alumnosA Ponte PedriñaCarmen Fandiño Suárez051.400.0006USA

Estadía de profesoresA Ponte PedriñaManuel César Vila10215.0002USA

Visita preparatoriaA Ponte PedriñaCarmen Fandiño Suárez10200.0001USA

Visita preparatoriaA Ponte PedriñaManuel César Vila10126.0001Inglaterra

Estadía de alumnosFonteboaManuel Verde Abella2181.155.0005Francia

Estadía de alumnosPorta da AugaAntonio Gregorio Montes081.400.0006Italia

Visita preparatoriaPorta da AugaRafael García-Bustelo García10126.0001Italia

Estadía de alumnosA Ponte PedriñaManuel César Vila81.400.0006Inglaterra

Tipo acciónCentro escolarProfesor 1Nº prof.Nº alum.Axuda conce.SemanasPaís destino

Visita preparatoriaLuís SeoaneOlga Freire Barcala1200.0001USA

Estadías de alumnosLuís SeoaneOlga Freire Barcala051.400.0006USA

Estadías de alumnosRibeira do LouroAmador Ordóñez Puyme051.400.0006USA

Visitas preparatoriasRibeira do LouroAntonio Geada Pardeiro10200.0001USA

Estadías de alumnosAs FontiñasMonserrat Aira López18926.0002Italia