Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 09 de xullo de 2001 Páx. 9.185

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se establece o procedemento de devolución de oficio das retencións sobre rendementos procedentes de débeda pública da Xunta de Galicia, ós suxeitos pasivos do imposto de sociedades e ós investidores non residentes que operen en España a través de establecemento permanente.

O artigo 40 do Real decreto 2717/1998, do 18 de decembro, polo que se regulan os pagamentos a conta no imposto sobre a renda das persoas físicas e no imposto sobre a renda de non residentes e se modifica o Regulamento do imposto de sociedades en materia de retencións e ingresos a conta, modificou entre outros, o artigo 57 do citado regulamento, establecendo na súa alínea q) que non é obrigatorio efectuar retencións nin ingresos á conta respecto das rendas obtidas polos suxeitos pasivos do imposto sobre sociedades procedentes de activos financeiros, sempre que estes estean representados mediante anotacións en conta e que se negocien nun mercado secundario oficial de valores español. Na disposición transitoria 1 establécese, sen embargo, que esta exclusión da obrigación de reter unicamente se aplicará ás emisións que se realizaran a partir do 1 de xaneiro de 1999.

Como queira que os rendementos da débeda pública da Xunta de Galicia se atopan sometidos ó réxime xeral de retencións e segundo o convenio subscrito entre o Banco de España e a Xunta de Galicia do 27 de outubro de 1993, a débeda pública da Xunta de Galicia autorizada polo Estado e emitida baixo materialización de anotacións en conta é susceptible de ser admitida a cotización na Central de Anotacións de débeda pública do Banco de España.

Tendo en conta que unha parte importante da débeda pública da Xunta de Galicia se coloca entre suxeitos pasivos do imposto de sociedades, faise necesario establecer un procedemento que permita a devolución de oficio da retención a estes investidores, do mesmo modo en que se establece pola vixente Resolución do 22 de outubro de 1993 o procedemento de devolución de oficio das retencións sobre os rendementos procedentes de débeda pública da Xunta de Galicia, ós non residentes que operen en España sen mediación de establecemento permanente.

Tendo en conta, así mesmo, que o punto un do artigo 12 do R.D. 326/1999, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do imposto da renda de non residentes, somete as rendas obtidas polos non residentes mediante establecemento permanente ó mesmo réxime de retencións que o aplicable ós suxeitos pasivos do imposto de sociedades.

Regúlase, para os investidores da débeda pública da Xunta de Galicia suxeitos pasivos do imposto de sociedades, así como para os investidores non residentes que operen a través de establecemento permanente, un procedemento especial de devolución da retención dos seus rendementos:

1. A Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro devolverá de oficio as retencións sobre os rendementos procedentes de valores da Xunta de

Galicia que coticen na Central de Anotacións en conta do Banco de España e con data de emisión posterior ó 1 de xaneiro de 1999, ós suxeitos pasivos do imposto de sociedades, tal e como establece o artigo 57.q) do Regulamento do imposto de sociedades, aprobado polo artigo 1 do Real decreto 537/1997, do 14 de abril, na nova redacción que estableceu o artigo 40 do Real decreto 2717/1998, do 18 de decembro, así como ós investidores non residentes que operen a través de establecemento permanente, en consonancia co establecido no artigo 12 do R.D. 326/1999.

2. As entidades xestoras que sexan titulares de conta de débeda pública da Xunta de Galicia, nas contas das cales figuren rexistrados, a favor de suxeitos pasivos do imposto de sociedades, valores con rendementos explícito que coticen na Central de Anotacións do Banco de España, presentarán ante a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia:

a) Unha certificación global na que figurará o importe total dos rendementos correspondentes a investidores suxeitos pasivos do imposto de sociedades con referencia especial ós rendementos obtidos polos non residentes mediante establecemento permanente. A dita certificación axustarase ó modelo que se xunta como anexo I da presente resolución e reflectirase a situación ó peche de mercado do día anterior ó vencemento dos xuros.

b) Unha relación, axustada ó modelo do anexo II, tamén referida ó día anterior a cada data de vencemento de xuros, na que se especificará a denominación social de cada un dos investidores suxeitos pasivos do imposto de sociedades, o seu NIF e o enderezo e o importe dos correspondentes rendementos obtidos, así como unha referencia especial ós titulares de rendementos obtidos polos non residentes mediante establecemento permanente.

Tanto a certificación global como a relación sinaladas deberán presentarse antes das 12 horas do día anterior a cada data de vencemento dos xuros.

3. Estas entidades deberán obter e conservar ó dispor da Administración tributaria, durante o período de prescrición das obrigacións tributarias, a seguinte documentación xustificativa da suxeición ó imposto de sociedades dos titulares dos valores:

a) Cando o suxeito pasivo actúe pola súa conta e sexa un banco central, unha institución de dereito público ou un organismo internacional, un banco, unha entidade de crédito ou unha entidade financeira, incluídas as institucións de investimento colectivo, os fondos de pensións ou as entidades de seguros, será suficiente que a entidade en cuestión manifeste ante a entidade xestora, mediante comunicación escrita e segundo o modelo que se xunta como anexo III, a súa razón social e o NIF e o enderezo.

b) Cando se trate de operacións intermediadas por algunha das entidades indicadas na letra precedente, ou que se canalizaran a través dunha entidade de compensación e depósito de valores recoñecida, a entidade en cuestión deberá, de acordo co que conste

nos seus propios rexistros, certificar ante a entidade xestora, segundo modelo que se xunta como anexo IV, a denominación social, o NIF e o enderezo de cada titular de valores.

4. As entidades xestoras deberán adopta-las medidas oportunas que garantan que os suxeitos pasivos do imposto de sociedades e investidores non residentes que operen a través de establecemento permanente que figuren rexistrados nas súas contas de valores, como perceptores dos rendementos, sexan os incluídos na relación a que se refire o punto 2 da presente resolución.

Así mesmo, as entidades xestoras deberán adopta-las medidas oportunas para garantir en todo momento o cumprimento das disposicións tributarias vixentes en materia de transmisións a suxeitos pasivos do imposto de sociedades e ós investidores non residentes que operen a través de establecemento permanente de valores con cupón corrido efectuadas dentro dos trinta días inmediatamente anteriores ó vencemento do cupón.

5. A ausencia de calquera dos documentos citados anteriormente, ou a súa recepción fóra de prazo comportará a práctica da correspondente retención e o seu ingreso ante a Administración tributaria. En consecuencia, as posibles cantidades retidas en exceso teranas que reclama-las entidades xestoras ante a Administración tributaria.

6. En cada vencemento de xuros a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia transferirá á conta aberta para tal efecto no Banco de España o importe líquido dos xuros que resulte da aplicación do tipo de retención.

Coa mesma data, e unha vez recibidas as relacións descritas no número 2, a Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia reembolsará, a través da entidade xestora, as cantidades retidas tanto ós investidores suxeitos pasivos do imposto de sociedades como ós rendementos obtidos polos non residentes mediante establecemento permanente.

7. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2001.

José Álvarez Cobelas

Director xeral de Política Financeira e Tesouro

ANEXO I

(Modelo de certificado a que se refire a alínea a) do número 2 da Resolución do 3 de xullo de 2001 da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro)

A: Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Facenda

Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro

Don /Dona... con DNI número...

En nome e representación de...

... (entidade xestora).

CERTIFICO:

1. Que no rexistro de terceiros desta entidade figura anotado a esta data, un saldo de euros nominais... correspondente ó código de valor da débeda... propiedade de investidores suxeitos pasivos do imposto de sociedades.

2. Que figura, así mesmo, un saldo de euros nominais... correspondentes ó código valor da débeda... propiedade de investidores non residentes mediante establecemento permanente.

Ós cales é necesario aplica-lo procedemento de devolución de retención, establecido na Resolución de... da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro.

O cupón correspondente a este saldo, con vencemento..., importa a cantidade de... euros. A retención aplicable ós rendementos de capital ascende a... euros.

En aplicación do procedemento establecido, solicítase a devolución da retención anteriormente sinalada.

En... o... de... de...

(Sinatura apoderada)

ANEXO II

(Modelo de certificado a que se refire a alínea b) do número 2 da Resolución do 3 de xullo de 2001 da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro)

A: Xunta de Galicia.

Consellería de Economía e Facenda

Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro

Don /Dona... con DNI número...

En nome e representación de...

... (entidade xestora).

DECLARA:

Que, de acordo co certificado que con esta mesma data emite esta entidade, relativo a un saldo a esta data de euros nominais... correspondente ó código de valor da débeda... propiedade de investidores suxeitos pasivos do imposto de sociedades e de investidores non residentes mediante establecemento permanente, detállanse os saldos individuais, os xuros e a retención que procede devolver.

1. DenominaciónNIFEnderezoNominal dosRendementoRetención que hai

social títulosíntegroque devolver

........ ...............................................

........ ...............................................

2. Nome ou razón País de Nominal dosRendementoRetención que hai

social do titularresidenciatítulos íntegro que devolver

...................................................................

...................................................................

Total:......................................

En... o... de... de...

(Sinatura apoderada)

ANEXO III

(Modelo de certificación en investimentos por conta allea das entidades a que se refire o número 3.a

da Resolución do 3 de xullo de 2001 da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro).

... (nome), ... (enderezo), ... (NIF), en calidade de ..., en nome e representación da entidade abaixo sinalada, para os efectos previstos na alínea a) do punto 3 da Resolución ..., da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro, sobre procedemento de pagamento de xuros de débeda da Comunidade Autónoma de Galicia en anotacións ós suxeitos pasivos do imposto de sociedades e ós non residentes que invistan en España mediante establecemento permanente.

CERTIFICO:

A) Suxeitos pasivos do imposto de sociedades.

1. Que a denominación social da entidade que represento é ...

2. Que o seu domicilio social é o seguinte: ...

3. Que o seu NIF é o seguinte: ...

B) Investidores non residentes mediante establecemento permanente.

1. Que o nome ou razón social da entidade que represento é ...

2. Que a súa residencia fiscal é a seguinte: ...

3. Que a entidade que represento está inscrita no Rexistro ... de ... (país, estado, cidade) co número ...

4. Que a entidade que represento está sometida á supervisión de ... (órgano supervisor) en virtude de ... (normativa que o regula).

En... o... de... de...

(Sinartura apoderada)

ANEXO IV

(Modelo de certificación en investimentos por conta allea das entidades a que se refire o número 3.b de la Resolución do 3 de xullo de 2001 da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro).

... (nome), ... (enderezo), ... (NIF), en calidade de ..., en nome e representación da entidade abaixo sinalada, para os efectos previstos na alínea b) do punto 3 da resolución da Dirección Xeral de Política Financeira e do Tesouro, sobre procedemento de pagamento de xuros de débeda da Comunidade Autónoma de Galicia en anotacións ós suxeitos pasivos do imposto de sociedades e de investidores non residentes mediante establecemento permanente.

CERTIFICO:

A) Suxeitos pasivos do imposto de sociedades.

1. Que a denominación social da entidade que represento é ...

2. Que o seu domicilio social é o seguinte: ...

3. Que o seu NIF é o seguinte: ...

4. Que, de acordo cos rexistros da entidade que represento, a relación de titulares xunta a esta cer

tificación, que comprende a denominación social, domicilio e NIF de cada un dos titulares suxeitos pasivos do imposto de sociedades, o detalle dos valores que posúen e o imposto dos correspondentes rendementos, é exacta.

B) Investidores non residentes mediante establecemento permanente.

1. Que o nome ou razón social da entidade que represento é ...

2. Que a súa residencia fiscal é a seguinte: ...

3. Que a entidade que represento está inscrita no Rexistro ... de ... (país, estado, cidade) co número ...

4. Que a entidade que represento está sometida á supervisión de ... (órgano supervisor) en virtude de ... (normativa que o regula).

5. Que, de acordo cos rexistros da entidade que represento, a relación de titulares xunto á presente certificación comprensiva do nome de cada un dos titulares non residentes, o seu país de residencia e o importe dos correspondentes rendementos, é exacta, e non inclúe persoas ou entidades residentes en España ou nos países ou territorios que teñen en España a consideración de paraíso fiscal de acordo coas normas regulamentarias en vigor.

En... o... de... de...

(Sinatura apoderada)