Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de lavandería para este complexo hospitalario mediante procedemento aberto. (Expediente 25/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións

que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario, A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62, fax: 981 95 09 85.

2. Categoría do servicio e descrición: servicio de lavandería para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Importe: 391.506.390 pesetas (trescentos noventa e un millóns cincocentas seis mil trescentas noventa pesetas), IVE incluído. 2.353.000,79 euros (dous millóns trescentos cincuenta e tres mil euros, con setenta e nove céntimos).

Clasificación:

Clasificación económica: grupo III, subgrupo 6, categoría D.

3. Lugar de execución: nos locais destinados para iso nos distintos centros do complexo hospitalario.

4. a) Posibilidade de que, conforme a normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: ver pregos de prescricións técnicas.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa: ver pregos de prescricións técnicas.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: ver pregos de prescricións técnicas.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: licitación á totalidade do servicio.

6. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: dous anos desde o 1 de outubro de 2001 ou data da formalización do contrato, se é posterior. Antes do seu vencemento, este contrato poderá prorrogarse nos termos que recolle o artigo 198 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8.a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: Contratación Administrativa. Hospital Clínico Universitario,

A Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 62, fax: 981 95 09 85.

b) Data límite de recepción de ofertas: 20 de xullo de 2001.

9. a) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela a partir das 10 horas do 31 de xullo de 2001.

10. Garantías esixidas:

Provisional: 2% do orzamento de licitación, 7.830.128 pesetas (47.060,02 euros).

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: mensual, en diñeiro.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: nos termos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

14. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante tres meses, desde a data de apertura das proposicións.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia:

Relación de criterios de adxudicación:

1. Prezo: de 0 a 40 puntos.

2. Características técnicas da lavandería, medios de transporte, sistema de distribución e sistema de información: de 0 a 20 puntos.

3. Organización do servicio e distribución do persoal: de 0 a 20 puntos.

4. Sistema de control da calidade: de 0 a 20 puntos.

16. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó servicio que figura no punto 1.

17. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 4 de maio de 2001.

18. Data de envío do anuncio: 14 de xuño de 2001.

19. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral de Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela