Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2001 pola que se corrixe erro material detectado no prego de prescricións técnicas do concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación do seguro dos bens do Instituto Galego de Promoción Económica na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa responsabilidade civil. (C.P. 7/2001).

1. Con data do 8 de xuño dictouse resolución da directora xeral do Igape pola que se aprobaba a contratación do seguro de bens do Igape na Comunidade Autónoma de Galicia e a súa responsabilidade civil, resolución que na cláusula terceira aprobaba os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

2. Detectado erro material no prego de prescricións técnicas, na cláusula 3.XV, no sentido de que onde di: «Polo que respecta á valoración dos bens asegurados, os licitantes deberán indicar na oferta técnica (sobre B) a taxa de regularización aplicable sobre orzamento anual», debe dicir: «Polo que respecta á valoración dos bens asegurados, os licitantes deberán indicar na oferta técnica (sobre B) a taxa de regularización aplicable sobre capital asegurado».

3. En virtude do artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da delegación de facultades ó meu favor conferida por acordo do Consello de Dirección do Igape do 30 de marzo de 2000 (DOG nº 81, do 27 de abril).

RESOLVO:

A rectificación do erro material detectado na cláusula 3.XV do prego de prescricións técnicas, no sentido de que onde di: «Polo que respecta á valoración dos bens asegurados, os licitantes deberán indicar na oferta técnica (sobre B) a taxa de regularización aplicable sobre orzamento anual», debe dicir: «Polo que respecta á valoración dos bens asegurados, os licitantes deberán indicar na oferta técnica (sobre B) a taxa de regularización aplicable sobre capital asegurado».

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica