Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001 pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de mantemento do sistema informático de xestión económico-financeira e servicio de asistencia en microinformática para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación do servicio de mantemento do sistema informático de xestión económico-financeira e servicio de asistencia en microinformática para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.P. nº 10/2001.

2. Obxecto do contrato.

Contratación do servicio de mantemento do sistema informático de xestión económico-financeira e asistencia en microinformática para o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) coa seguinte desagregación por lotes:

Lote 1: servicio de mantemento do sistema informático de xestión económico-financeira para o Igape.

Lote 2: servicio de asistencia en microinformática para o Igape.

Prazos de execución e vixencia: os prazos de execución serán os establecidos na oferta técnica do adxudicatario. A vixencia do contrato establécese nun ano desde a súa sinatura, prorrogable anualmente por acordo expreso das partes, dentro dos límites legais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: trece millóns ca-

trocentas cincuenta e seis mil pesetas (13.456.000)

IVE incluído, 80.872,19 euros, desagregado como

segue:

Lote 1: orzamento máximo: 6.728.000 pesetas, 4.0436,09 euros.

Lote 2: orzamento máximo: 6.728.000 pesetas, 4.0436,09 euros.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos lotes ós que se concorre, sendo para o:

Lote 1: 134.560 pesetas, 808,72 euros.

Lote 2: 134.560 pesetas, 808,72 euros.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación a presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama, o cal debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: en acto público, ás 12.30 horas do quinto día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura de documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 12.30 horas do décimo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituo Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica