Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2001 pola que se anuncia concurso público para a execución mediante concesión do plan parcial de ordenación do SUNP-7, O Avío en Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: concurso público para seleccionar a persoa física ou xurídica que como concesionaria do IGVS, polo sistema de expropiación, execute o plan parcial, o estudio de detalle e as obras do proxecto de urbanización do SUNP-7 do Avío.

Prego de bases: o prego de bases que rexerá o concurso así como os proxectos do plan parcial, do proxecto de urbanización e do estudio de detalle poderán ser examinados nos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sitos na Área Central do Polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, estando á disposición dos interesados para a súa consulta e a obtención de copias a cargo do solicitante, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles excepto os sábados.

Garantías: para tomaren parte no concurso, os concursantes prestarán garantía a favor do IGVS por importe de 11.404.360 pesetas, a dita garantía poderá constituírse mediante depósito en metálico na Caixa do IGVS ou mediante aval bancario. A dita garantía devolveráselles ós concursantes, excepto ó que resulte adxudicatario, unha vez efectuada a adxudicación.

O adxudicatario do concurso, dentro dos quince días seguintes ó da notificación do acordo de adxudicación, deberá prestar garantía a favor do IGVS, en calquera das formas antes sinaladas, por importe de 22.808.720 pesetas.

Destinatarios: poderán concorrer ó concurso e ser concesionarios as persoas naturais ou xurídicas que teñan plena capacidade de obrar e non se atopasen incursas nalgunha das prohibicións que os inhabiliten para contratar coas administracións públicas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro da sede central do IGVS sito na Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, ata as 14 horas do último día do prazo dos corenta e cinco días naturais seguintes ó que teña lugar a publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. Se este último día do dito prazo fora sábado ou inhábil, quedará prorrogado ata o inmediato día hábil posterior.

Apertura das proposicións: a apertura e admisión de proposicións será realizada pola mesa de contratación que se reunirá na sede central do IGVS, sita na Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, ás 11 horas do día 12 de setembro de 2001.

A comisión técnica constituirase no lugar anteriormente sinalado, para os efectos de emiti-lo informe de valoración ó que fai referencia a cláusula sexta do prego de bases. O dito informe emitirase nun prazo máximo de 30 días e á vista del a mesa de contratación fará a oportuna proposta á Dirección Xeral do IGVS.

Documentos que deben presenta-los ofertantes: as proposicións deberán ir acompañadas dos documentos esixidos na cláusula VIII, punto 3-proposicións, do prego de bases.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo