Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2001 pola que se acorda a poxa de artigos de pesca fluvial comisados en cumprimento do establecido no artigo 108 do vixente Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais.

Transcorridos máis de dous anos sen que se producise o rescate de diversos artigos de pesca (canas e carretes) que foron comisados en cumprimento do establecido no artigo 108 do vixente Regulamento

de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, esta dirección xeral resolve, de acordo co establecido no punto 3 do devandito artigo, autoriza-la poxa pública deles.

Entre os días 9 e 12 de xullo estes artigos de pesca estarán expostos en locais da policía autonómica de cada unha das catro provincias:

A Coruña: Ronda de Nelle, 24.

Lugo: Ronda de Fingoi, esquina avda. de Madrid.

Ourense: Nosa Señora de Saínza, 6 baixo.

Pontevedra: San Xosé, 4.

Cada un deles aparecerá identificado cunha etiqueta na que conste, sen lugar a dúbidas, o artigo: cana (CN) ou carrete (CR) e un número determinado.

Ó remate do prazo e con presencia da Inteverción Delegada provincial procederase á adxudicación.

Durante ós días de exposición ó público, os visitantes terán á súa disposición un número suficiente de papeletas e sobres para ofertar na poxa. Os interesados en participar deberán cubrir unha papeleta para cada un dos artigos que lles interese, indicando nome, apelidos, DNI, enderezo postal e importe que está disposto a pagar polo artigo do seu interese.

Estes sobres quedarán baixo a custodia ata o día da súa apertura ante a Interveción Delegada e o xefe do Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural. Unha vez clasificadas, adxudicarase cada artigo ó mellor licitador e levantarase acta do reconto e da adxudicación.

Unha copia dela expoñerase nos taboleiros de anuncios do servicio provincial e da sede da Policía autonómica na que se realiza a exposición ó público.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio

Ambiente Natural