Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na súa sesión do día 28 de xuño de 2001, tomou coñecemento da presentación do avance do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Arteixo.

Ó mesmo tempo, acordouse somete-lo citado avance a información pública desde a data de publicación deste anuncio ata o día 31 de agosto de 2001.

Durante este período de información pública as entidades e os particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

O avance do plan está exposto na sala de comisións do Concello de Arteixo.

Arteixo, 29 de xuño de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde