Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución que formula a instructora do expediente sancionador EN 131/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no

anexo se menciona, a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, se están a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na c/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 31 de maio de 2001.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: EN 131/2000.

Denunciado: Domingo Manuel González Prieto. Amiero, 21 baixo. Vigo.

Feitos denunciados: circular cun vehículo por dunas e praia. Os axentes denunciantes observaron estacionado nas dunas o turismo marca Lada modelo Niva con matrícula PO-2565-BF, existindo un cartel informando da prohibición da entrada ó lugar polas dunas da praia. Feitos denunciados ás 16.50 horas do día 11 de agosto de 2000, nas dunas da praia de Barra, O Hío-Viñó, concello de Cangas.

Data do acordo de incoación: 13 de setembro de 2000.

Alegacións á proposta: presenta escrito no seu descargo con data 22-9-2000.

Data da proposta de resolución: 21 de febreiro de 2001.

Precepto infrinxido: 38.2º, da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación co Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura de espacio natural en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres en relación co Decreto 82/1989, do 11 de maio, polo que se regula a figura de espacio natural en réxime de protección xeral.

Sanción: 10.000 pesetas.