Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores P-EN-2001/001 e P-EN-2001/006.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Asunción Buceta Canay.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 31 de maio de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-EN-2001/001.

Denunciado: Miguel Ángel Martínez Piñeiro. Avda. da Florida nº 30-3º K 1. Vigo.

DNI: 36.101.854.

Feitos denunciados: abandonar un vehículo queimado marca Seat con matrícula B-9134-FN, na zona de Punta Aguieira no lugar de S. Vicente do concello do Grove, dentro do espacio natural.

Data do acordo de incoación: 7 de marzo de 2001.

Precepto infrinxido: 38.5º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 50.000 pesetas e retirada do vehículo.

Expediente: P-EN-2001/006.

Denunciada: María López Otero.

DNI: 35.263.147.

Feitos denunciados: realizar obras sen autorización nos arredores da casa nº 41 da illa de Ons, consistentes na construcción dunha soleira cunhas dimensións aproximadas de 23,5x0,5 metros e ampliación do muro do circundado.

Data do acordo de incoación: 23 de marzo de 2001.

Precepto infrinxido: 38.12º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación co Decreto 274/1999, do 21 de outubro, polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas, e coa Orde do 28 de outubro de 1999, pola que se declaran provisionalmente as zonas propostas para a súa inclusión na Rede Europea Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral.

Precepto sancionador: 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 125.000 pesetas e restauración do medio ó ser e ó estado previos ós feitos constitutivos da infracción.