Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 06 de xullo de 2001 Páx. 9.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2001 pola que se fai pública a resolución do expediente de revogación e declarativo da procedencia de reintegro das subvencións outorgadas á entidade Fomento de la Producción Forestal, S.L., recaida nos expedientes AG-617-A-36-01 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Interesado: José Manuel Carballido García (Fomento de la Producción Forestal, S.L.).

Último enderezo coñecido: Calvo Sotelo, 12.

Mondariz-Balneario (Pontevedra).

Contido da resolución:

Data: 28 de maio de 2001.

Resolución: declaración da procedencia do reintegro das subvencións percibidas pola empresa Fomento de la Producción Forestal, S.L., coa conseguinte revogación das súas cartas de aprobación, do 30-9-1997, recaídas nos expedientes AG-617-A-36-01, AG-617-A-36-02 e AG-617-A-36-03.