Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEGREIRA

ANUNCIO.

Co obxecto de executa-las obras previstas no proxecto denominado Proxecto de modificación número 1 dos colectores xerais e estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Negreira con destino á construcción do ramal número un do sector Campos, é necesario proceder á expropiación forzosa, polo procedemento de urxencia, dos bens que se referirán.

Polo exposto publícase este anuncio para os efectos previstos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Ben obxecto de expropiación: predio 11899 RP Negreira.

Expropiación definitiva: 50 m de viña con emparrado alto e cos seus pés de viña.

Ocupación temporal: 399 m.

Servidume que se vai imponer 133 metros lineais.

Titulares: Florentino Rodríguez Riveiro e Manuela Florinda López Diéguez.

Día e hora marcados para levanta-la acta previa á ocupación: 20 de xullo de 2001, 12 horas.

Ben obxecto de expropiación: predio 11897,0 RP Negreira.

Descrito conxuntamente co anterior.

Titulares: Florentino Rodríguez Riveiro e Manuela Florinda López Diéguez.

Día e hora marcados para levanta-la acta previa á ocupación: 20 de xullo de 2001, 12 horas.

Negreira, 27 de xuño de 2001.

José Blanco Pazos

Alcalde