Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

Para os efectos do disposto no artigo 144.2º.3 da Lei do solo de Galicia, faise público que por resolución da Alcaldía do 25 de maio de 2001 se acordou inicia-lo expediente de expropiación forzosa ,polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados pola execución das obras de urbanización do polígono 01 do plan parcial do parque industrial de Foz, sendo o Concello de Foz a Administración expropiante e a empresa pública Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur Lugo) a beneficiaria da expropiación.

O proxecto de expropiación coa documentación que a seguir se relacionará sométese a información pública por prazo dun mes, contado a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular no que atinxe a titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Documentación integrante do proxecto:

a) Relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se van expropiar.

b) Relación de afectados.

c) Determinación do ámbito territorial, cos documentos e planos identificativos en canto a situación, superficie e lindeiros.

d) Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

e) Follas de prezo xusto individualizadas de cada predio.

Predio nº: 1.

Referencia catastral: 7877022.

Propietario: José Palmeiro García.

Enderezo: Vilarmea-Fazouro (Foz 27789).

Superficie: 194 metros cadrados.

Valor do solo: 102.432 pesetas.

Outros bens que hai que valorar: non existen.

Prezo xusto (incluíndo o 5% premio de afección): 107.554 pesetas.

Predio nº: 2.

Referencia catastral: 7877033.

Propietario: José Ramón Manín Palmeiro.

Enderezo: Caldouceiro-Fazouro (Foz 27789).

Superficie: 892 metros cadrados.

Valor do solo: 470.976 pesetas.

Outros bens que hai que valorar: non existen.

Prezo xusto (incluíndo o 5% premio de afección): 494.525 pesetas.

Predio nº: 3.

Referencia catastral: non consta.

Propietario: herdeiros de Ramona Aguiar.

Enderezo: Vilarmea-Fazouro (Foz 27789).

Superficie: 1.271 metros cadrados.

Valor do solo: 671.088 pesetas.

Outros bens que hai que valorar: restos de construcción en planta baixa inhabitable: 0 pesetas.

Prezo xusto (incluíndo o 5% premio de afección): 704.643 pesetas.

Foz, 25 de maio de 2001.

José María García Rivera

Alcalde