Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CATOIRA

ANUNCIO de aprobación definitiva de modificación do planeamento urbanístico.

En sesión que tivo lugar o día 25 de xuño de 2001, o Pleno da Corporación, logo de informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento consistente nun cambio das actuais aliñacións ó longo da estrada C-550, o que se expón ó público de acordo co disposto no artigo 48 e concordantes da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Catoira, 27 de xuño de 2001.

Alberto García García

Alcalde