Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto da Alcaldía, do día 27-6-2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto urxente, para a obra de acondicionamento do adro e local social da igrexa de Lema, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Tipo de licitación: 6.795.766 pesetas equivalentes a 40.843,38 euros.

Prazo da obra: seis meses (6).

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, salvo se é sábado, caso no que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións.

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo dos trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación.

Documentación: presentarase en 2 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 28 de xuño de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde