Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 12 de febreiro de 2001, acordou aprobar definitivamente a modificación da delimitación do polígono 1 do Plan parcial do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) da Choupana, promovida pola xunta de compensación do mencionado polígono.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo