Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 4 de xuño de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, propostas de resolución de expedientes administrativos de desafiuzamento por non ocupación, derivados de regularizacion (expediente 4/2001 e dous máis).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos sinalados no anexo, as propostas de resolución de desafiuzamento acordadas pola instructora dos expedientes do IGVS da Coruña por non destina-las vivendas a domicilio habitual e permanente dos beneficiarios ou arrendatarios, causas suficientes de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 4 de xuño de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 4/2001.

Expedientado: Manuel Cainzos Pita e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Sta. Mariña, Rúa da Pereira, 2, 1º esq. (Ferrol).

(Expte. C-586, conta 87).

Nº expediente de desafiuzamento: 5/2001.

Expedientado: José Guerra Blanco e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Barrio das Flores, bloque 34, P-11, 2º dta. (A Coruña).

(Expte. C-136-CD/63, conta 906).

Nº expediente de desafiuzamento: 6/2001.

Expedientado: José Martínez García e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Barrio das Flores, r/ Pensamientos nº 14, 6º dta. (A Coruña).

(Expte. C-136-CD/63, conta 1384).