Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 1-A/2001.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación administrativa.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: servicio de inspeccións periódicas e mantemento predictivo das áreas críticas (quirófanos, UCIS, coronarias, neonatoloxía, marcapasos, intervencionismo, etc.) do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 10, do 15 de xaneiro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 10.992.000 pesetas (66.063,25 euros).

5. Adxudicación.

a) Fecha: 9-5-2001.

b) Contratista: Norcontrol, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación: 10.798.110 pesetas (dez millóns setecentas noventa e oito mil cento dez pesetas), 64.897,94 euros (sesenta e catro mil oitocentos noventa e sete euros con noventa e catro céntimos).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase a esta resolución, que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade con disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela