Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación do servicio de seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial da Coruña.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, do seguinte contrato de servicios:

Seguridade nos centros dependentes da Delegación Provincial da Coruña.

-Orzamento de licitación: corenta millóns duascentas cincuenta e tres mil catrocentas pesetas (40.253.400 pesetas, 241.927,81 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: doce (12) meses. Desde agosto de 2001 ata xullo de 2002, ambos inclusive.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: grupo III, subgrupo 2, categoría B.

-Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?-

N=532.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que

aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo