Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación das obras de adaptación e reparación da residencia da terceira idade das Gándaras (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais, Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adaptación e reparación da residencia da terceira idade das Gándaras.

b) Lugar de execución: As Gándaras (Lugo).

c) Prazo de execución: oito meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: cincuenta e nove millóns oitocentas vintecinto mil oitocentas vinteseis pesetas (IVE incluído).

2001: 50.000.000 de pesetas.

2002: 9.825.826 pesetas.

Total: 59.825.826 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: dispensada.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, edificio Pirámide.

c) Localidade: 15781 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 56 77; fax 981 54 56 63.

d) Internet: www.sergas.es.

6.2. Documentación.

Domicilio: r/ Xeneral Pardiñas 2, Santiago de Compostela. Teléfono 981 59 03 02.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría d).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta, Santiago de Compostela).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Edificio Pirámide (sala de xuntas).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Corina Porro Martínez

Directora xeral de Servicios Sociais