Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 05 de xullo de 2001 Páx. 9.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, das obras do proxecto de melloras no IES San Rosendo de Mondoñedo e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en Lugo.

2. Obxecto do contrato.

2.1.a) Descrición do obxecto: proxecto de melloras no IES San Rosendo de Mondoñedo.

b) Lugar de execución: Mondoñedo, Lugo.

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 14.969.984 pesetas IVE incluído (89.971,42 euros).

e) Clasificación do contratista: non se esixe.

f) Garantía provisional: non se esixe.

g) Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=533.

2.2.a) Descrición do obxecto: adecuación e reforma do IES nº 1 Politécnico de Lugo.

b) Lugar de execución: Lugo.

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 13.086.112 pesetas IVE incluído (78.649,12 euros).

e) Clasificación do contratista: non se esixe.

f) Garantía provisional: non se esixe.

g) Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=534.

2.3.a) Descrición do obxecto: mellora de seguridade e accesibilidade no CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos.

b) Lugar de execución: Monforte de Lemos, Lugo.

c) Prazo de execución: 1 mes.

d) Importe total: 12.947.369 pesetas IVE incluído (77.815,25 euros).

e) Clasificación do contratista: non se esixe.

f) Garantía provisional: non se esixe.

g) Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=535.

2.4.a) Descrición do obxecto: renovación de cubertas e varios no IES Dionisio Gamallo Fierro de Ribadeo.

b) Lugar de execución: Ribadeo, Lugo.

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 19.095.298 pesetas IVE incluído (114.765,05 euros).

e) Clasificación do contratista: non se esixe.

f) Garantía provisional: non se esixe.

g) Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=536.

2.5.a) Descrición do obxecto: cubrición da pista polideportiva e colocación ascensor no IES Mª Sarmiento de Viveiro.

b) Lugar de execución: Viveiro, Lugo.

c) Prazo de execución: 2 meses.

d) Importe total: 12.807.329 pesetas IVE incluído (76.973,60 euros).

e) Clasificación do contratista: non se esixe.

f) Garantía provisional: non se esixe.

g) Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=537.

2.6.a) Descrición do obxecto: renovación de cubertas no CEE de Xordos-Fogar Sta. María de Lugo.

b) Lugar de execución: Lugo.

c) Prazo de execución: 1 mes.

d) Importe total: 16.576.666 pesetas IVE incluído (99.627,77 euros).

e) Clasificación do contratista: non se esixe.

f) Garantía provisional: non se esixe.

g) Os pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta obra poderanse obter no seguinte enderezo da Internet: http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=538.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Programación e Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, Ronda Muralla 70, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27071.

d) Teléfono: 982 29 41 90 e fax 982 29 41 52.

e) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a estas contratacións nos enderezos da internet, anteriormente citados.

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.

-Domicilio: Ronda Muralla 70, planta baixa.

-Localidade e código postal: Lugo, 27071.

d) Admisión de variantes e o prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, Ronda Muralla 70, 2ª planta.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o quinto día natural contado desde o remate do prazo de presentación de proposicións; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

7. Gastos do anuncio: serán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 25 de xuño de 2001.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro,

DOG do 19 de febreiro)

Jaime Santoalla Varela

Delegado provincial de Lugo